A CeMIT de Barreiros acolle un obradoiro Tech Kids para apoderar tecnoloxicamente a mocidade
martes, 5 de agosto do 2025
O Concello de Barreiros, a través da súa Aula CeMIT e, en colaboración co Colexio Profesional de EnxeñerÃa en Informática de Galicia (CPEIG), acolle este mes unha actividade encadrada no programa Tech Kids: Argallando entre xeracións: un obradoiro creativo de 3 dÃas de duración para espertar o talento dixital e a capacidade de innovación entre a mocidade. A formación terá lugar os dÃas 11, 12 e 13 de agosto, en horario de 9:30 a 12:00 horas na Aula CeMIT de Barreiros.
Esta iniciativa, dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas preferentemente entre os 12 e os 18 anos, ten dous obxectivos claros: por unha banda, familiarizar á rapazada coas tecnoloxÃas disruptivas que definen o presente e o futuro; e por outra, desenvolver competencias transversais como a resolución de problemas, o pensamento crÃtico e o traballo en equipo nunha contorna colaborativa.
Durante o obradoiro, que será meramente demostrativo e experimental, a mocidade poderá formarse no deseño e fabricación de obxectos con impresoras 3D, na robótica educativa, na programación e a creación de videoxogos e na experimentación con electrónica.
As persoas interesadas poden obter máis información na propia aula CeMIT de Barreiros ou chamando ao 666.87.59.46. As prazas para o obradoiro son limitadas e a rapazada participante no programa +Mocidade do Concello de Barreiros terá preferencia na asignación das mesmas.
