A CiberIrmandade pide a galeguización das webs das empresas de auga mineral
martes, 19 de febreiro do 2008
Boa parte da auga mineral que se comercializa en Galiza procede da nosa terra (do máis fondo da nosa terra) pero, por non sabemos moi ben por que razón, non aparece na lingua que se fala nesa terra. Isto que é aplicable ó mercado tradicional, segue a selo á Rede. A CiberIrmandade quere que o panorama mude, e por esta razón acaba de pór en marcha unha nova campaña para galeguizar a Internet, neste caso concreto as propostas das embotelladoras que operan en Galiza.
Poderemos contribuÃr, como de costume, enchendo un prego cos nosos datos e facéndollo chegar ás devanditas empresas.