A Cidade Imaxinaria contará con experiencias de VR

venres, 9 de agosto do 2024 Redacción

A Cidade Imaxinaria regresa por duodécima vez á Cidade da Cultura o vindeiro 7 de setembro para mergullar a pequenos e maiores na ilusión dunha xornada que concentra maxia, música, xogos e circo de 16:00 a 2:00 con entrada libre e de balde.
Aparte de espectáculos en chave de clown e teatro de rúa haberá instalacións e zonas de xogo a través das a cativada poderá redescubrir xoguetes tradicionais e introducirse no mundo da realidade virtual inmersiva. Ademais, durante a xornada, o Gaiás albergará varios espazos sensoriais para bebés, que completan a programación do día. Tamén haberá unha zona gastronómica.
A Cidade Imaxinaria é unha das citas clásicas da programación infantil do Gaiás. Desde 2011, e tras un parón durante a pandemia, este evento leva congregando a milleiros de familias na Cidade da Cultura ao longo das súas once edicións previas.

O evento contará con espectáculos para a cativada, que tamén poderá introducirse en experiencias de realidade virtual