A Cidade das TIC cada vez máis preto de se converter nunha realidade
xoves, 11 de novembro do 2021
O
Concello da Coruña sentou as bases da súa colaboración coa
Deputación, a UDC, o IGAPE e o Clúster das TIC para que
o desenvolvemento da Cidade das TIC (a antiga Fábrica de Armas) se
leve a cabo optimizando os recursos dispoñíbeis.
Inés
Rey, alcaldesa da Coruña, lembrou que a Cidade das TIC foi unha
aposta prioritaria para o executivo en todo momento. “Esta
colaboración supón unha fonte de emprego e riqueza para a nosa
cidade, así como un pulo importante para o desenvolvemento dunha
infraestrutura estratéxica de futuro”, indicou.
Esta
acción concretarase a través dun convenio colaborativo, o cal
incluirá un Plan Director da Cidade das TIC, para facilitar a
organización de plans estratéxicos que permitan aproveitar todo o
potencial da infraestrutura. Asemade, o acordo abranguerá a
creación dunha estrutura de goberno mediante unha sociedade pública
que inclúa as administracións e tamén as empresas implicadas no
proxecto garantindo a participación das partes en proporción ás
súas achegas.