A Cidade das TIC contará co meirande estudio audiovisual virtual de España
mércores, 25 de xaneiro do 2023
O presidente da
Deputación da Coruña, ValentÃn González Formoso, participou esta mañá na Cidade
das TIC da Coruña no acto de presentación dos primeiros avances do que será o
maior estudio audiovisual virtual de España xunto con MarÃa González Veracruz,
secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Ines Rey,
alcaldesa da Coruña, Julio Abalde, reitor da UDC, o delegado do Goberno en
Galicia, José Miñones, e Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual de
Galicia.
ValentÃn González
Formoso asegurou que este estudio audiovisual virtual será «o primeiro gran
proxecto audiovisual que se fará realidade na Cidade das TIC, a principios de
2024». O novo estudio audiovisual virtual xa ten ubicación concreta: vaise
executar na parcela 19 da Zona 02 Cidade das TIC, nunha nave de nova edificación
que contará cunha superficie construÃda de 1.600 metros cadrados, dos cales 750
metros van estar dedicados a albergar un plató inmersivo con tecnoloxÃa
pioneira en Europa que permitirá para recrear dixitalmente calquera escenario
real ou de ficción. Nesta localización vaise instalar un gran estudio virtual
inmersivo de máis de 20 metros de ancho e 8 metros de altura, configurado por
758 paneis LED de alta resolución.
González Formoso detallou
que este estudio permitirá crear contidos inmersivos para producións de
ficción, realidade virtual e aumentada, que son de aplicación no campo
cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos. As produtoras
audiovisuais «poderán
recrear o deserto do Gobi, o polo norte ou unha a quinta avenida de Nova York
sen saÃr da Coruña», explicou ValentÃn González Formoso, quen engadiu que o
proxecto suporá un investimento de case
8 millóns de euros, dos que 5 millóns estarán financiados a través dos Fondos
do Plan de Recuperación do Goberno de España e arredor de 3 millóns con fondos
propios da Deputación da Coruña.
O proxecto suporá
o posicionamento estratéxico de Galicia dentro do Plan España, Hub
audiovisual de Europa, dotado con máis de 1.600 millóns de euros de
orzamento ata 2025, que vai destinado a transformar o ecosistema audiovisual do
paÃs, impulsar a súa internacionalización e competencia nos mercados
internacionais.
«A idea de ubicar
este espazo na Cidade das TIC da Coruña nace co obxectivo de crear sinerxÃas co
sector tecnolóxico, xa que alà poderá atoparse nun futuro próximo boa parte do
talento dixital de Galicia», afirmou Formoso, que remarcou que a Deputación «xa
está a traballar, de forma dilixente, xunto co Clúster do Audiovisual Galego no
deseño da infraestrutura, na licitación das obras da nova nave, e na xestión do
propio espazo, porque é fundamental acertar en todas as fases do proceso».
Inés Rey quixo
destacar que «despois do nomeamento da Coruña como sede de AESIA, esta nova
instalación sitúa a nosa cidade como polo tecnolóxico a nivel nacional» e subliñou
que «todo isto demostra o noso potencial á hora de acoller proxectos e eventos
dentro deste sector».
Segundo apunta
Jorge Algora, «esta aposta é apoiada por todo o sector e permitirá que o
audiovisual galego se consolide e sexa diferencial a nivel nacional e
internacional, obtendo unha maior reputación e atraendo talento de moitas zonas
xeográficas».
Pola súa banda o
reitor da UDC, Julio Abalde, celebra «o éxito deste proxecto, posto que a nosa
universidade dispón das titulacións indicadas para formar aos potenciais
usuarios destas instalacións» e apunta que «grazas a este Hub audiovisual
conseguirase dar o impulso necesario para darlle un futuro a todo ese talento
crecente no eido audiovisual» que desde a UDC contribúen a formar.