A Cofradía da Dorna estrea web con fotos da festa dende 1948

martes, 20 de maio do 2008 Raquel Noya

A Real e Ilustre Cofradía de Dorna de Riveira, creada no ano 1948, vén de estrear unha nova páxina web na que os cibernautas poden descargar vídeos e fotografías de tódalas festas da Dorna dende o seu comezo, a finais dos anos 40, ata a actualidade.
A web, que foi presentada durante a segunda asamblea de peñas celebrada o pasado sábado en Riveira, tamén acolle un foro para suxerencias e permite a colaboración dos usuarios que teñan material para subir ou información de interese para a Cofradía.
Os organizadores da Festa da Dorna xa presentaron, asemade, os deseños do cartel para promocionar este evento por toda Galicia así como as sudadeiras que lucirán os socios, material deseñado polo artista local Xavier Seco, que xa fora o autor do material promocional doutros anos.

PUBLICIDADE