A Comisaría de Lonzas da Coruña estrea galería de tiro virtual
xoves, 20 de outubro do 2022
A
subdelegada
do Goberno María Rivas, visitou este xoves 20 de outubro a sede da
Comisaría de Lonzas da Coruña, onde puido comprobar o
funcionamento dunha gran novidade tecnolóxica do inmóbel: a súa
nova galería de tiro virtual, que serve de complemento á
tradicional galería na que se emprega munición real. Segundo dixo a
subdelegada, este equipamento redundará nunha mellora da formación
dos e as axentes destinados na cidade, “xa que lles vai permitir
acceder a máis horas de prácticas e con máis versatilidade ao
empregar as novas tecnoloxías”.
Acompañando
a Rivas atopábase o xefe superior de Policía de Galicia, Ramón
Gómez
A
subdelegada destacou que A Coruña é unha do seis localidades
españolas seleccionadas polo Ministerio do Interior para situar esta
galería virtual. Ademais de Lonzas, o Ministerio emprazou tres
destas galerías en en Madrid, unha nas Palmas e a última, en
Granada. A instalación destas galerías, cuxo custo superou os
622.000 euros, está dentro das liñas estratéxicas da Policía
Nacional para contribuír á transformación dixital da
Administración Pública.
Rivas
engadiu que os sistemas de tiro virtual “permiten recrear
situacións reais, deseñar varios tipos de prácticas adaptadas ás
necesidades específicas das diferentes unidades e obter datos para o
seguimento e valoración dos exercicios”. Amais, incrementa a
frecuencia de instrución e permite practicar o tiro instintivo e a
reacción do axente. “Doutra banda”, dixo, “mellóranse as
condicións de traballo dos instrutores e, ao non usar armamento
real, diminúese a posibilidade de accidentes”. Por último,
redúcense os custos asociados ao uso de munición real.