A Comisión Europea abre unha nova investigación contra X tras o escándalo das últimas semanas
luns, 26 de xaneiro do 2026

- Henna Virkkunen, vicepresidenta executiva de SoberanÃa Tecnolóxica, Seguridade e Democracia, asegurou que «os deepfakes sexuais de mulleres e menores son unha forma violenta e inaceptable de degradación. Con esta investigación, determinaremos se X cumpriu coas súas obrigas legais ao abeiro da Lei de Servizos Dixitais ou se, pola contra, tratou os dereitos da cidadanÃa europea (incluÃdos os das mulleres e dos menores) como un dano colateral do seu servizo».
A Comisión Europea vén de abrir unha nova investigación formal contra X no marco da Lei de Servizos Dixitais (DSA) e, en paralelo, ampliou o procedemento iniciado en decembro de 2023 para analizar se a plataforma cumpre coas súas obrigas en materia de xestión de riscos asociados aos seus sistemas de recomendación.
A nova investigación céntrase en determinar se X avaliou e mitigou de maneira axeitada os riscos derivados da integración das funcionalidades de Grok no servizo dispoñible na Unión Europea. Bruxelas analizará, en particular, os riscos relacionados coa difusión de contidos ilegais, incluÃdas imaxes sexuais manipuladas e materiais que poderÃan constituÃr abuso sexual infantil.
Segundo a Comisión, existen indicios de que estes riscos xa se materializaron, expoñendo a cidadanÃa da UE a danos graves. Por este motivo, o executivo comunitario examinará se X cumpre coas obrigas que lle impón o DSA, entre elas a avaliación e mitigación dilixente dos riscos sistémicos, incluÃda a propagación de contidos ilegais, os efectos negativos vinculados á violencia de xénero e as consecuencias graves para o benestar fÃsico e mental derivadas do uso de Grok na plataforma.
A investigación tamén abordará se a compañÃa elaborou e remitiu á Comisión un informe especÃfico de avaliación de riscos antes da despregadura de Grok, tendo en conta o impacto crÃtico destas funcionalidades no perfil de risco do servizo. Ademais, amplÃase o procedemento xa aberto para comprobar se X avaliou e mitigou correctamente todos os riscos sistémicos asociados aos seus sistemas de recomendación, incluÃdo o recente anuncio da transición a un sistema baseado en Grok.
De confirmarse os incumprimentos, estes poderÃan supoñer infraccións dos artigos 34, 35 e 42 do DSA. A Comisión anunciou que levará a cabo unha investigación en profundidade con carácter prioritario, subliñando que a apertura do procedemento non prexulga o seu resultado final.
No desenvolvemento destas actuacións, Bruxelas traballa en estreita colaboración co organismo regulador irlandés de servizos dixitais, que participará formalmente na investigación como autoridade competente do Estado membro no que X está establecido na UE.
A Comisión xa adoptara en decembro de 2025 unha decisión de incumprimento por prácticas de deseño enganoso, falta de transparencia publicitaria e acceso insuficiente a datos para investigadores, que se saldou cunha sanción de 120 millóns de euros.
A Comisión lembra que existen mecanismos de apoio a nivel nacional para as persoas afectadas negativamente por imaxes xeradas mediante intelixencia artificial, incluÃdos contidos de abuso sexual infantil ou imaxes Ãntimas non consentidas, e que o DSA recoñece o dereito da cidadanÃa a presentar queixas ante o coordinador de servizos dixitais do seu Estado membro.
