A Comisión Europea poderÃa estar a piques de autorizar a fusión de Orange e MásMóvil
mércores, 14 de febreiro do 2024
Hai preto dun ano Orange e MásMóvil anunciaron que chegaran a un acordo para fusionar os seus negocios en España, o que darÃa como resultado unha joint venture cunha valoración conxunta de 19.600 millóns de euros, pero esta operación preocupou aos reguladores da competencia a nivel europeo, o que levou a que as compañÃas comprometesen conceder a Digi os seus remedies (xunto cun acordo para un uso da rede móbil de Orange a un prezo vantaxoso), o que parece ter convencido á Comisión Europea para dar luz verde á operación de fusión.
Aseguran que a presión do Goberno español xogou un papel chave nas negociacións, pois consideraban que o Comisión Europea estaba a invadir competencias estatais. Ante esta situación é bastante probable que a fusión reciban o visto e prace da Comisión o vindeiro 22 de febreiro, tras o que terÃa lugar a aprobación do Goberno español, facilitando que o peche do acordo entre Orange e MásMóvil poida ser unha realidade a finais de marzo.