A Comisión Europea poderÃa sancionar a Meta por impedir a presenza de chats de IA alleos en WhatsApp
mércores, 15 de abril do 2026
A Comisión Europea avanza na súa investigación contra Meta por posibles prácticas anticompetitivas relacionadas co acceso de asistentes de intelixencia artificial de terceiros a WhatsApp. O organismo comunitario vén de remitir á compañÃa de Mark Zuckerberg un novo prego de cargos no que detalla a súa intención de impor medidas cautelares para obrigala a restablecer ese acceso nas mesmas condicións existentes antes do cambio de polÃtica aplicado o 15 de outubro de 2025.
Este movemento enmárcase no procedemento aberto por Bruxelas para avaliar se Meta abusou da súa posición dominante ao restrinxir a presenza de asistentes de IA alleos na súa aplicación de mensaxerÃa. A Comisión xa expresara en febreiro a súa opinión preliminar de que a empresa poderÃa estar vulnerando as normas europeas de competencia ao excluÃr estes servizos da plataforma.
No novo documento, o executivo comunitario analiza a revisión de polÃtica anunciada por Meta o pasado 4 de marzo de 2026, pola que se levantaba a prohibición inicial pero se introducÃa un sistema de tarifas para os asistentes de terceiros. Segundo a avaliación preliminar da Comisión, este modelo terÃa efectos equivalentes á exclusión previa, ao dificultar a entrada ou expansión de competidores nun mercado en rápida evolución como o dos asistentes de IA.
Ante este escenario, Bruxelas considera necesario adoptar medidas cautelares para evitar danos graves e irreparables á competencia mentres continúa a investigación. En concreto, propón obrigar a Meta a permitir de novo o acceso de asistentes de terceiros en condicións previas ao cambio de outubro de 2025, polo menos ata que se adopte unha decisión definitiva.
En paralelo, a Comisión decidiu ampliar o alcance da investigación a Italia, en coordinación coa autoridade nacional de competencia, o que permitirá que as conclusións finais abarquen conxuntamente todo o Espazo Económico Europeo. Ata o de agora, o mercado italiano quedara fóra por contar cun procedemento propio aberto polas autoridades do paÃs.
O expediente remóntase ao anuncio realizado por Meta en outubro de 2025, cando actualizou as condicións do servizo WhatsApp Business e estableceu a exclusión dos asistentes de IA de propósito xeral a partir de xaneiro de 2026. Tras a apertura formal da investigación en decembro e o envÃo dun primeiro prego de cargos en febreiro, a compañÃa respondeu en marzo e introduciu cambios na súa polÃtica, agora cuestionados pola Comisión.
O envÃo deste novo prego de cargos non determina o resultado final do caso. Meta dispón agora da posibilidade de responder ás conclusións preliminares e exercer o seu dereito de defensa antes de que Bruxelas adopte unha eventual decisión sobre a imposición de medidas cautelares.
