A Comisión Europea prepara sancións para X/Twitter que poderían superar os mil millóns de dólares

venres, 4 de abril do 2025 Marcus Fernández

The New York Times asegura que os reguladores da Unión Europea están a preparar importantes sancións contra a plataforma social X por incumprir a lexislación europea en relación á loita contra os contidos ilícitos e a desinformación, apuntando incluso que tal información chega de catro fontes coñecedoras da situación, e indicando tamén a posibilidade que as multas poderías incrementar as tensións entre a Unión Europea e EE.UU. ao involucrar a unha compañía dun dos asesores máis próximos a Trump.
As sancións incluirán unha multa e esixencias de cambios no produto, estando previsto que se comuniquen este verán e comentándose a posibilidade de que as sancións poidan superar os 1.000 millóns de dólares, de xeito que sería a primeira grande sanción por incumprir a Lei de Servizos Dixitais (DSA).
A investigación da Comisión Europea botou a andar en 2023, e incluso a primeiros de ano se fixeron novas solicitudes de información no marco da mesma, deixando claro que X vulnera a lexislación europea de numerosos xeitos, polo que está a resultar complexo fixar as cantidades das sancións e as medidas que deberá adoptar a plataforma social para adaptarse ao cumprimento da DSA.
The New York Times apunta que a Comisión Europea e X aínda poderían chegar a un acordo se a empresa acepta realizar cambios que satisfagan as preocupacións dos reguladores, algo que semella complicado, xa que tras comentarse publicamente a oferta da Comisión, Musk saltou rapidamente a dicir que a DSA é censura e definiu a lei como desinformación.