A Coruña acolle en setembro un obradoiro sobre seguridade e desinformación na Rede
martes, 22 de xullo do 2025
O Concello de Coruña, a través da Biblioteca Municipal Durán Loriga emprazada na rúa do mesmo nome, vai achegar á cidadanía unha actividade formativa que mostrará aos cidadáns como protexerse das ameazas das redes e da proliferación das novas falsas.
Trátase do Obradoiro de seguridade e desinformación na Rede, unha iniciativa de capacitación para maiores de 14 anos que inclúe recursos para defendérense dos riscos dixitais e garantir navegacións seguras e enriquecedoras. Terá dous días de duración: dende o 25 de setembro ata o 26 do mesmo mes.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre os días 18 e 24 de setembro. Vaise celebrar en horario de mañá, de 9.00 a 12.00 horas, e terá unha duración de 6 horas. Levarase a cabo na Biblioteca Municipal Durán Loriga.
Entre os obxectivos do curso figuran achegar recursos para empregar os mellores contrasinais, asegurar a privacidade e combater as noticias falsas e aprender a identificalas. “No noso curso de 6 horas darémosche as ferramentas para protexerte e tomar decisións informadas”, informan dende a organización.
