A Coruña acolle esta semana o Congreso Internacional X.Org Developer’s Conference 2023
luns, 16 de outubro do 2023
A
partir de mañá, martes 17 de outubro, e até o 19 de outubro o
PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos) da Coruña
acollerá a conferencia internacional X.Org
Developer’s Conference 2023. Estamos a falar dunha conferencia
internacional no sector de gráficos na que se desvelarán as últimas
novidades en I+D dos drivers gráficos libres que se
empregarán en múltiples plataformas tecnolóxicas, como os
computadores APPLE e Raspberry Pi, ou as consolas de videoxogos como
Steam Deck.
Neste contexto reuniranse os principais enxeñeiros desenvolvedores
de gráficos da contorna GNU/Linux de empresas de ámbito
internacional como Valve, Intel, AMD, ARM, NVidia, Canonical, Red
Hat, Google, Igalia, Imagination Technologies e Collabora, entre
outros.
No dito encontro presentarase e discutirase o futuro dos drivers
libres de cartóns gráficos de AMD, Intel, NVIDIA, entre outras,
para as interfaces de programación de gráficos en 3D (Vulkan,
OpenGL e OpenGL ES). Asemade, falarase do futuro do soporte de HDR en
monitores en GNU/Linux, os drivers gráficos libres de
distintos dispositivos como son as placas Raspberry Pi e os
computadores Apple M1 e M2, asà como a presentación do estado
actual de moitos elementos que fan posÃbel a execución de
videoxogos na consola Steam Deck.
Engadir que este congreso é posÃbel grazas á organización da
empresa tecnolóxica con sede na Coruña, Igalia, e o patrocinio de
Google, Collabora, ARM, Microsoft, FEX-EMU,The Linux Foundation, AMD,
Khronos Group, Code Weavers. Alén disto, conta coa colaboración de
entidades locais como a Oficina de Turismo do Concello da Coruña e a
asociación GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Software
Libre).
A asistencia é libre e de balde, prevéndose a presenza de máis de
140 persoas. Toda a información do evento pódese atopar na ligazón
especÃfica habilitada.