A Coruña acollerá un encontro de programadores e usuarios de KDE
martes, 30 de setembro do 2008
O Grupo de Programadores e
Usuarios de Linux (GPUL) de A Coruña organiza en colaboración coa asociación
KDE España unha xuntanza de desenvolvedores e usuarios de KDE, Akademy-es 2008,
que terá lugar na Facultade de Informática da Coruña entre os días 21 e 23 de
novembro.
O evento contará con dende charlas divulgativas a nivel de usuario ata
obradoiros de programación empregando as últimas tecnoloxías.