A Coruña acollerá unha sesión de formación e networking para Youtubeir@s

luns, 20 de maio do 2019 Marcus Fernández

Para fornecer a comunidade creadora de contidos en galego para YouTube, identificar retos e oportunidades, e intercambiar ideas sobre lingua, públicos e temáticas no contexto da creación na Rede o vindeiro 8 de xuño o Centro Cívico Cidade Vella da Coruña de 10:30 a 13:30 horas será o punto de encontro de Youtubeir@s en conexión, unha das moitas actividades que conforman a iniciativa de Youtubeir@s coa que colaboran numerosas entidades entre as que figura o Concello da Coruña e o Servizo de Normalización Lingüística.
Os interesados en participar deben inscribirse previamente por correo electrónico a que esta cita conta con prazas limitadas.

PUBLICIDADE