A Coruña e Red.es mostran como usar as TIC para facer medrar as empresas
luns, 27 de xaneiro do 2020
O
Concello da Coruña, desde a área de Promoción Económica e
Comercio, colabora coa entidade pública empresarial Red.es no
programa Crear Futuro, centrado na formación en competencias
para a transformación dixital. O programa inclúe neste arranque de
ano dous obradoiros sobre outras tantas vertente do fenómeno
tecnolóxico aplicado á actividade das empresas. Trátase
dos cursos Proposta de valor e modelo de negocio, por unha
banda, e Como conseguir os primeiros clientes, pola outra.
Estas actividades formativas levaranse a cabo no centro Accede
Papagaio e no Viveiro de Empresas da Grela, respectivamente, o dÃa 3
de febreiro no primeiro caso e 17 de febreiro no segundo caso.
O
obradoiro Proposta de valor e modelo de negocio vai dirixido a
traballadoras e traballadores en activo (que non pertenzan ao sector
público) e a persoas desempregadas. A
recentemente remodelada páxina web do Concello da Coruña ofrece
cumprida información sobre as súas bases. O segundo dos cursos,
moi centrado (ao igual que o primeiro) nos procesos máis avanzados
dos que podemos botar man para facer avanzar unha empresa en materia
de competitividade, rendibilidade, comunicación e eficiencia,
dirÃxense ao mesmo segmento de poboación que a primeira das
actividades. Tamén
podemos atopar cumprida información sobre o segundo obradoiro na web
da Coruña.