A Coruña permite redescubrila dende o confinamento a través de itinerarios e visitas virtuais
mércores, 8 de abril do 2020
En
tempos de pandemia, as nosas cidades convÃdanos a redescubrilas
dende outro punto de vista, complementario e enriquecedor: o punto de
vista online. Baixo esta premisa, A Coruña está ofrecendo
diferentes propostas para percorrela dende os nosos fogares durante o
Estado de Alarma, achegándonos oportunidades para facer novos e
inesperados descubrimentos. Nesta liña enmárcanse as
visitas á Torre de Hércules que se están a realizar cada pouco
poñendo o foco nos máis pequenos da casa, e, tamén, os
Itinerarios Virtuais que nos brindan novas e abraiantes ópticas
dalgúns dos recantos máis destacados da cidade, e
que podemos seguir nun blog especÃfico a xeito de axenda-caderno
de lecer para tempos de COVID-19.
O
blog dos Itinerarios Virtuais pola Coruña vén da man do Servizo
Municipal de Educación, en colaboración coa Federación Provincial
das ANPA.
Os
percorridos comezaron comezaron o pasado mércores 25 de marzo, cunha
primeira sesión en directo a primeira hora da tarde. A través desta
canle habilitouse un chat en liña no que se van realizando preguntas
e resolvendo todas as dúbidas que poidan xurdir. Logo da primeira
xeira, houbo outros percorridos polas rúas da cidade de MarÃa Pita
(27 de marzo), pola contorna da praza de Azcárraga e o Palacio de
CapitanÃa (o 31 de marzo), pola praza de MarÃa Pita e o Concello (o
2 de abril) e polas rúas da Cidade Alta (o 7 de abril). Cada viaxe
no tempo dá comezo ás 17.00 horas.