A DGT dá instrucións para regular o uso dos patinetes eléctricos
xoves, 5 de decembro do 2019
A proliferación dos vehÃculos de mobilidade persoal (MVP)
están a converterse en todo un problema en zonas urbanas, xa que estes métodos
alternativos de desprazamento carecen dunha lexislación estatal que estableza
as súas condicións de uso, de xeito que as normativas municipais son as
encargadas de regular o seu uso, o que crea unha grande confusión entre os cidadáns,
que non coñecen as normas vixentes en cada zona.
Por iso, os concellos solicitaron á Dirección Xeral de Tráfico (DGT) axuda para
a redacción dos seus regulamentos, cunha base que servise de referencia para
crear normativas sobre o uso dos VMP (principalmente patinetes eléctricos),
e finalmente a
DGT publicou os seus criterios que, pese a estar aÃnda en fase de
tramitación, non impide a instrución deste regulamento formal.
A
instrución publicada recolle que un vehÃculo rodado dunha praza e
propulsado por motores eléctricos que poidan achegar unha velocidade máxima por
deseño de entre 6 e 25 quilómetros por hora será considerado un VMP, de xeito
que o regulamento non afectarÃa a vehÃculos sen sistema de auto-equilibrio e
con asento, vehÃculos concibidos para competición, vehÃculos para persoas con
mobilidade reducida e vehÃculos no ámbito do Regulamento (UE) N2 168/2013 (que
recolle a patinetes con asento, ciclomotores... vehÃculos que precisan de autorización
administrativa para conducir e circular, asà como contar con seguro e utilizar
casco). De xeito xeral, os vehÃculos que non superen os 6 quilómetros/hora
consideraranse xoguetes.
A DGT especifica que non será preciso ter autorización administrativa para
circular nun VMP, nin seguro obrigatorio. Tampouco se detraerán puntos ao condutor
en infraccións cometidas nun destes vehÃculos.
Sancións
Os usuarios ce VMP teñen a obriga de someterse a probas de
alcohol e drogas, coa mesma contÃa económica que se conduciran outro vehÃculo
ao superar as taxas de alcohol (500 ou 1.000 euros) ou de detectarse a presenza
de drogas no organismo (1.000 euros).
O uso de teléfono móbil usando un VMP sancionarase con 200 euros, ao igual que
acontece se o condutor emprega auriculares. Tamén está prohibido circular por beirarrúas
e zonas peonÃs (infracción sancionable con 200 euros). Conducir de noite sen
luces ou elementos reflectintes tamén será sancionable (200 euros), asà como o
uso de máis dunha persoa por vehÃculo (100 euros).
Quedan a criterio dos concellos definir o uso obrigatorio de casco e outros
elementos de protección, asà como o estacionamento dos VMP en beirarrúas
(recomendando a DGT que estes espazos sexan exclusivos dos peóns).
A DGT lembra que os vehÃculos que superen os 25 quilómetros/hora non son VMP, polo que empregalos dese xeito suporá a súa inmobilización e unha sanción de 500 euros.