A Deputación achega apoia con 125.000 euros o programa cultural e cientÃfico da USC
luns, 16 de decembro do 2024
A Deputación da Coruña co-financia con 125.000 euros a programación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o fomento da educación, a investigación, a transferencia do coñecemento e as actividades culturais, artÃsticas e cientÃficas durante o ano 2024.
O convenio foi asinado este luns 16 na sede da institución provincial polo presidente da Deputación, ValentÃn González Formoso, o reitor da USC, Antonio López, e supón o financiamento do 80 % do orzamento total da programación, que ascende a 156.200 euros. Ao acto asistiu tamén a deputada de Cultura, Natividad González.
Este acordo de financiamento supón, entre outras cuestións, un apoio fundamental para os programas de detección e captación de talento do alumnado coma ESTALMAT, orientado a detectar aptitudes matemáticas avanzadas entre os estudantes de secundaria e proporcionarlles un programa formativo adaptado ao seu talento, ou as iniciativas conxuntas para a captación do alumnado cos mellores expedientes procedentes do bacharelato e ciclos formativos.
A colaboración económica da Deputación serve tamén para impulsar a completa programación cultural anual da universidade, con actividades de teatro, música, danza e exposicións, asà como congresos e seminarios e o Programa Universitario Camiños de Coñecemento e Experiencia para maiores de 50 anos, que se desenvolve nas comarcas de Santiago e Barbanza para as persoas que non poden seguir os cursos nas instalación universitarias.
Con estes fondos, a USC financia tamén parte da restauración e catalogación do seu patrimonio histórico-artÃstico e do desenvolvemento do Museo Virtual, asà como o programa FaÃscas Culturais, que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas.
Formoso e López asinaron tamén este luns 16 os convenios para a celebración, o pasado mes de outubro, da 27 Conferencia Europea en Intelixencia Artificial (ECAI), que reuniu en Santiago de Compostela aos principais expertos europeos en Intelixencia Artificial, cunha achega económica de 50.000 euros por parte da Deputación, e o convenio para colaborar na organización das xornadas sobre seguridade viaria e atención a vÃtimas de accidentes celebradas a pasada semana no Pazo Mariñán coa colaboración de STOP Accidentes, a USC e a Deputación.