A Deputación da Coruña abre o prazo para presentar candidaturas aos VIII Premios PEL
xoves, 23 de abril do 2026
A Deputación da Coruña publicou no BOP as bases reguladoras da oitava edición dos Premios PEL, uns galardóns que buscan recoñecer as mellores iniciativas empresariais da provincia, fomentando a súa imaxe positiva e realzando o seu papel fundamental como xeradoras de riqueza, emprego e benestar. Haberá catro categorÃas de participación, máis a categorÃa honorÃfica. O prazo de presentación de candidaturas está aberto dende este 23 de abril, ata o 12 de maio, ás 14.00 horas.
A convocatoria deste ano establece catro categorÃas principais de participación. A primeira é iniciativa emprendedora, destinada a recoñecer a labor das persoas autónomas, microempresas e pemes que iniciasen a súa actividade empresarial nas anualidades 2024, 2025 ou 2026.
A segunda é a de traxectoria empresarial, destinada a recoñecer a traxectoria das persoas autónomas, microempresas e pemes que comezasen a súa actividade empresarial durante a anualidade 2023 ou con anterioridade.
A terceira categorÃa é a de iniciativa territorio sostible, destinada a persoas autónomas, microempresas e pemes que conten con proxectos que contribúan á transición ecolóxica e enerxética, á loita contra o cambio climático, que baseen a súa actividade na agricultura sostible, a protección do medio ambiente, a preservación da biodiversidade, a economÃa circular, o uso eficiente dos recursos, o valor da terra ou do mar e os seus produtos, etc.
A cuarta categorÃa é a de iniciativa empresarial singular, destinada a recoñecer a pemes con iniciativas empresariais de autorÃa creativa, orixinais e con carácter singular, xa sexa polo uso de materias primas locais, pola reutilización de materiais ou produtos autóctonos, a revitalización da tradición galega, entre outros.
Ademais destes catro niveis, tamén haberá unha categorÃa honorÃfica, que consistirá nunha mención do xurado á mellor iniciativa transformadora do rural. Para esta clasificación non haberá postulación de categorÃas nin tampouco importe económico para o proxecto nomeado.
Os Premios PEL repartirán este ano un total de 80.000 euros. O deste ano será o maior investimento da historia destes premios, pois cada unha das catro categorÃas principais estará dotada con 20.000 euros. Ademais, as bases contemplan a posibilidade de conceder accésits cando a diferenza de puntuación entre as dúas mellores candidaturas seleccionadas sexa mÃnima.
A nova edición introduce melloras para facilitar a participación das empresas. AmplÃase o acceso a iniciativas de diferentes anos de creación e simplifÃcase o proceso de solicitude, reducindo a carga administrativa.
Para participar, todas as iniciativas interesadas en facelo deberán presentar a súa candidatura entre este 23 de abril ata o vindeiro martes, 12 de maio, ás 14.00 horas. A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación especificada nas bases e a través da plataforma SUBTeL.
