A Deputación da Coruña achega tres cursos sobre diferentes aspectos da ciberseguridade

xoves, 12 de maio do 2022 S. P.

A Deputación da Coruña, seguindo co seu obxectivo de favorecer a plena integración dixital da cidadanía (unha integración que ademais sexa segura, fiábel e eficaz) achega esta tempada tres actividades formativas dende o Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal. Os tres obradoiros, que tocan temáticas como lexislación e dereitos, protección TIC no sector turístico e seguridade no comercio electrónico, abéiranse ao marco de Estratexia Dixital Provincial.
Trátase das seguintes propostas:
· Ciberseguridade en Internet: lexislación, desafíos e dereitos
Data: 25 de maio de 17.00h. a 19.00h.
Modalidade: presencial e en liña
· Seguridade e privacidade no sector turístico
Data: 8 de xuño de 17.00h. a 19.00h
Modalidade: presencial e en liña
· Seguridade ecommerce
Data: 28 de xuño ás 12.00h.
Modalidade: en liña
Os cursos presenciais desenvolveranse na Sala Juanjo Gallo da Deputación Provincial da Coruña, no sexto andar do número 2 da avenida Porto do Coruña.
As inscricións realizaranse cumprimentando o formulario que figura na web das xornadas.

PUBLICIDADE