A Deputación da Coruña achega unha xornada sobre ciberseguridade para pemes, o 22 de maio

mércores, 14 de maio do 2025 S. P.

A Deputación da Coruña vai celebrar a vindeira semana unha xornada sobre a importancia de protexer tecnoloxicamente as nosas empresas e facer un uso responsable e asesorado das novas ferramentas. Tratase da xornada Ciberseguridade ao alcance da túa PEME: Protexe o teu negocio cunha ferramenta efectiva. A charla, unha sesión para concienciar dixitalmente ás pemes e persoas autónomas, celebrarase o xoves 22 de maio ás 12.00 horas.
Trátase dunha actividade enmarcada no contexto do Grupo de Traballo de Empresa do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas a colaboración de ISMS Forum (ISMS Forum Spain - Asociación Española para el Fomento de la Seguridad de la Información), empresa adherida a CIBER.gal, e a Deputación de A Coruña entidade co-fundadora de CIBER.gal.
A actividade consiste nunha sesión formativa gratuíta dirixida a pemes coa finalidade de ensinar durante o desenvolvemento da sesión sobre os seguintes temas: a importancia da ciberseguridade nunha empresa, as principais normas e estándares que lles afectan e coñecementos sobre ISMS Forum e sobre a ferramenta Cybersecurity in a Box.
O formato da actividade será presencial, na Sala Juanjo Gallo da Deputación Provincial da Coruña, cunha duración de 60 minutos. As inscricións están abertas a través da ligazón habilitada.