A Deputación da Coruña apoia a creación da Oficina de Promoción Tecnolóxica e Industrial
venres, 22 de decembro do 2023
O pleno da
Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade o convenio de colaboración
entre a institución provincial e a Fundación para a Promoción Tecnolóxica e
Industrial da Coruña para cofinanciar
o proxecto de creación e posta en marcha dunha Oficina de Promoción Tecnolóxica
e Industrial.
O orzamento total
deste proxecto, que se enmarca no Plan de Emprego Local (PEL), ascende a
100.500 euros, dos que a entidade provincial achega o 36 %, que supón unha
achega de 37.000 euros.
A creación desta
nova Oficina de Promoción Tecnolóxica e Industrial (OPTI), obedece á necesidade
de desenvolver un plan de promoción industrial na provincia da Coruña e a súa
área de influencia. Estará xestionada pola propia Fundación e a súa localización
será
A OPTI será un
espazo pensado para abordar de maneira proactiva a promoción e a atracción de
investimentos, que asumirá un rol facilitador á hora de aglutinar información
relativa a factores de localización industrial da área; un rol promotor ao ser
a canle de difusión e comunicación sobre o atractivo investidor da área, e
ademais actuará como lobby á hora de ser axente impulsor de actividades para o
desenvolvemento industrial.
A oficina terá
función tamén funcións de controller, sendo o principal encargado de
levar a cabo o seguimento sobre o avance das medidas expostas no Plan
estratéxico de promoción industrial.