A Deputación da Coruña co-financia coa UDC os proxectos Green Power e FIRST LEGO League
venres, 27 de decembro do 2024
O presidente da Deputación da Coruña, ValentÃn González Formoso, e o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento dos proxectos Green Power e FIRST LEGO League, cuxas actividades desenvolvéronse en 2024 no Campus industrial de Ferrol. O orzamento total desta programación é de 60.000 euros, do que a entidade provincial achega un 80% dos fondos.
Por unha banda, apóianse as propostas realizadas ao longo deste exercicio ao abeiro do proxecto Green Power, que consistiron no desenvolvemento dun vehÃculo a partir do kit desta iniciativa na Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), o desenvolvemento de actividades formativas e de visibilización, ou a posta en marcha de carreiras.
Ademais, fináncianse as actividades realizadas con relación á FIRST LEGO League 2024, un programa de ámbito internacional que desafÃa á mocidade, a través da robótica e dos recursos maker, a resolver problemas do mundo real relacionados con temas como a reciclaxe, a educación ou as enerxÃas renovables. O Campus industrial de Ferrol acolleu este ano a décima edición do evento a nivel galego, na que participaron un total de 43 equipos e máis de 300 mozas e mozos. En 2025, ademais de celebrar este certame, acollerá no mes de marzo a final estatal.