A Deputación da Coruña e Pesquedellas celebran o Ano Faraldo cun slam poético nas redes sociais
xoves, 4 de agosto do 2022
A
Deputación
da Coruña, a través da área de Normalización LingüÃstica, vai
celebrar en clave dixital e multitudinaria os 200 anos do nacemento
de AntolÃn Faraldo (o 2 de setembro de 1822 en Betanzos). Farao
nas redes sociais cun concurso xornalÃstico e cun slam
poético. Estas actividades forman parte da programación do Ano
Faraldo, que organizan a Deputación e o proxecto Pesquedellas,
artÃfices destes Xogos Florais.
Concurso
poético
Dotado
con 150 euros para o gañador e con 100 euros para o seguindo mellor
traballo, trátase dun certame de xornalismo dirixido a mozas e mozos
de entre 16 e 35 anos. O prazo de presentación remata o 15 de
agosto. Os e as participantes teñen que escribir un texto orixinal
en galego, con temática cultural libre e cunha extensión máxima de
500 palabras. Os artigos gañadores serán publicados no suplemento
cultural AntolÃn Faraldo do mes de setembro, que distribúe a
Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos.
Slam
poético
É
un concurso no que cada participante, non maior de 35 anos, recitará
en directo poemas da súa creación, de temática libre, pero
empregando obrigatoriamente a lingua galega. O xurado escollerase
entre o público asistente. Todos os poemas deberán usar unha
estrofa que siga a métrica das coplas de tradición oral galegas.
Outorgaranse tres premios de entre 150 e 100 euros. As persoas que
queiran recitar teñen que enviar un correo ao enderezo
pesquedellas@gmail.com ou deixar unha mensaxe nas contas de Instagram
ou de Facebook o proxecto Pesquedellas (@proxectopesquedellas).
Chamamento
á participación
A
deputada de normalización lingüÃstica, MarÃa MuÃño, fai unha
chamada á xente moza para se anime a participar nas actividades que
se van desenvolver na vila de Betanzos, lugar de nacemento do
homenaxeado, en especial nestes dous concursos dirixidos de xeito
especÃfico para eles e elas. As
bases completas pódense consultar e descargar en liña.