A Deputación da Coruña forma á mocidade no deseño de personaxes para animación e videoxogos

mércores, 5 de xullo do 2023 Redacción

A Deputación da Coruña organiza, dentro do calendario de actividades do Congreso Internacional de animación, efectos visuais e novos media Mundos Digitales, un obradoiro de deseño de personaxes de animación e videoxogos para mozos e mozas de 12 a 18 anos.
O curso está impartido por Marcos Raya, deseñador de personaxes e concept artist que na súa traxectoria profesional ten realizado proxectos para empresas como PlayStation, Xbox, Nintendo, Nickelodeon ou Disney e pretende espertar o interese da mocidade na creación de personaxes dixitais, fomentando a súa vez a creatividade e curiosidade.
Durante a xornada, os mozos e mozas aprenderon algúns dos trucos e ferramentas para que debuxar sexa máis doado e indicacións para dar forma ás súas ideas e desenvolver o seu propio estilo, así como orientación sobre a formación necesaria para dedicarse profesionalmente á creación gráfica.
Marcos Raya Delgado é o primeiro concept artist español cunha canle de YouTube e pola súa web, pasaron máis de 3 millóns de persoas para aprender a debuxar. É un profesional de recoñecido prestixio cunha ampla experiencia na orientación na creación de personaxes, en proxectos internacionais, debuxando para videoxogos, televisión, xogos de mesa e portadas de libros.

PUBLICIDADE