A Deputación da Coruña instala contadores intelixentes de vehÃculos para o control de accesos ao Parque Natural Fragas do Eume
mércores, 29 de abril do 2026
A Deputación da Coruña vén de completar a instalación dun sistema de control e cálculo de vehÃculos en tempo real nos accesos ao Parque Natural Fragas do Eume, nos concellos da Capela, Pontedeume e Monfero, co obxectivo de garantir un turismo sostible e protexer a biodiversidade do espazo natural.
A actuación inscrÃbese no Plan de sustentabilidade turÃstica en destino Fragas do Eume, impulsado pola Deputación e financiado con fondos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) da Unión Europea–NextGenerationEU.
O proxecto rematou coa colocación de sensores de última xeración e coa posta en funcionamento dun sistema de software de xestión avanzada en puntos estratéxicos destes municipios. Estes dispositivos permitirán ao persoal encargado da xestión do parque acceder a datos precisos e en tempo real sobre o número de vehÃculos que entran no recinto.
A implantación nos tres concellos garante unha cobertura completa do perÃmetro do parque. A información recompilada polo sistema facilitará anticipar episodios de saturación en épocas de maior afluencia, mellorar a organización dos servizos públicos e de emerxencias e definir estratexias orientadas a un turismo sostible que impulse a economÃa local sen deteriorar o medio natural.
