A Deputación da Coruña lanza nas redes o videoclip da canción xuvenil gañadora de Quero Cantar

luns, 24 de febreiro do 2020 Fernando Sarasketa

A semana pasada a Deputación da Coruña lanzou na Rede outro dos grandes audiovisuais da última edición do seu concurso Quero cantar, destinado a reivindicar e visualizar videoclips musicais en galego feitos polas nosas novas e talentosas xeracións de artistas: escolares de todos os centros docentes coruñeses. Desta volta foi a quenda da coruñesa Isma Kalo, do Instituto da Sardiñeira, quen se impuxo co tema A quen lle importa? na categoría xuvenil do certame, e que presentou o videoclip da canción gañadora na Biblioteca da Deputación da Coruña. O audiovisual, por certo, forma parte do premio que lle corresponde como gañadora. Como lembraremos, días antes pendourse nas redes o vídeo gañador da modalidade infantil, A peor xogada.
A nova cita foi na Sala Manuel López da Biblioteca da Deputación, e nela, amais de proxectarse o vídeo, celebrouse un pequeno concerto da man de Isma Kalo e un coloquio coa autora de A quen lle importa? O videoclip publicouse en Youtube e nas redes sociais do certame ao rematar o acto e, segundo informou a Deputación da Coruña, a canción aparecerá en datas vindeiras canda outras nove de diferentes artistas no disco recompilatorio Quero Cantar 19. Este disco poderá descargarse de balde desde a páxina querocantar.gal e as mil unidades físicas que se editan en CD serán enviadas pola Deputación a centros escolares de toda Galicia.

Videoclip de A quen lle importa? de Isma Kalo

PUBLICIDADE