A Deputación da Coruña organiza un concurso de deseño de personaxes para animación e videoxogos
xoves, 8 de xuño do 2023
Ao
abeiro da súa estratexia de apoio e fomento do sector audiovisual, a
Deputación da Coruña promove o Concurso xuvenil de deseño de
personaxes para animación e videoxogos nos centros de ensino
secundario obrigatorio e bacharelato da provincia.
O
obxectivo, en palabras da entidade provincial, é “achegar á
comunidade educativa as potencialidades deste sector, que conta
cunhas expectativas de empregabilidade e traxectoria empresarial en
auxe, e espertar o interese da mocidade na creación de personaxes
dixitais, fomentando pola súa vez a creatividade e curiosidade”.
O
concurso consiste no deseño por parte do alumnado de entre 12 e 18
anos dos personaxes animados Sambo e Lima a partir
dunha sinopse predeterminada.
Os
mozos e mozas interesados poderán presentar tantos deseños como
desexen e utilizando calquera técnica artística e material. Estes
deseños e a restante documentación especificada nas bases do
concurso deberán presentarse a través dalgunha das seguintes vías:
- En
formato dixital a info@mundosdigitales.org
- En
formato papel ao seguinte enderezo postal:
Concurso
Xuvenil de deseño de personaxes – Mundos Digitales –
Rúa
Sor Joaquina 4 bajo, Izq. 15011, A Coruña
O
prazo de presentación permanecerá aberto ata o 13 de xuño de 2023
e, a partir do 18 dese mesmo mes, daranse a coñecer as persoas
finalistas.
O
premio deste concurso consistirá na participación dun Obradoiro de
Creación de Personaxes impartido por Marcos Raya, deseñador de
personaxes e concept artist que na súa traxectoria
profesional ten realizado proxectos para empresas como Playstation,
Xbox, Nintendo, Nickelodeon ou Disney.
A
Deputación da Coruña lembra que Marcos Raya Delgado é o primeiro
concept artist español cun canal de YouTube. Ademais, pola
súa web pasaron máis de 3 millóns de persoas para aprender a
debuxar.”É un profesional de recoñecido prestixio cunha ampla
experiencia na orientación na creación de personaxes, en proxectos
internacionais, debuxando para videoxogos, televisión, xogos de
mesa, portadas de libros ou incluso encargos para organismos
internacionais como a ONU”, engaden fontes da entidade provincial.
Para
a organización do concurso e do obradoiro a Deputación contará con
Mundos Digitales Transmedia, S.L., empresa especializada na
organización e dirección de eventos culturais, formativos e
educativos, congresos e feiras, con sede na Coruña e cunha ampla
traxectoria.