A Deputación da Coruña presenta ante a industria española o Coruña Estudio Inmersivo (CEI)

mércores, 27 de novembro do 2024 S. P.

No marco do 18º Congreso I+P Ideas para Producir, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, a Deputación da Coruña presentará este xoves 28 de novembro, ante directivos e responsábeis de contidos das principais cadeas de televisión, plataformas de contidos e produtoras cinematográficas de España, o escenario virtual Coruña Estudio Inmersivo - CEI, unha ambiciosa iniciativa emprazada na Cidade das TIC da Coruña (antiga Fábrica de Armas) que contou cun investimento de máis de 9 millóns de euros e que pretende revolucionar a produción de cine e series de TV na provincia.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o presidente do Clúster Audiovisual Galego, Alfonso Blanco, o reitor da UDC, Ricardo Cao, e o director de Mundos Digitales, Manuel Meijide, participarán no acto, no que explicarán a importancia que o CEI terá para potenciar a industria audiovisual galega.
Entre os asistentes confirmados estarán directivos e responsables de contidos de empresas como RTVE, Atresmedia Cine e TV, Mediaset España, Movistar +, Amazon Prime Video, Warner Bros Discovery, Filmax, A Contracorriente Films, Voz Audiovisual, Portocabo ou Vaca Films, entre outros.