A Deputación da Coruña reforzará en 2024 a súa acción en Intelixencia Artificial
luns, 20 de novembro do 2023
A
Deputación da Coruña reforzará en 2024 a súa acción en
Intelixencia Artificial, Biotecnoloxía, audiovisual e economía
circular, todos eles, en palabras da institución provincial,
“ámbitos industriais e estratéxicos para o futuro da provincia”.
Así o confirmou a deputada de Emprego e Medio Ambiente, Rosa Ana
García, ao remate da reunión que mantivo na sede da institución
provincial coa xerente do Clúster
Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec),
Ana Botas. Unha xuntanza que serviu para sentar as bases de
colaboración entre ambas entidades de cara a unha provincia máis
sustentábel e intelixente na xestión de recursos, sinalaron.
“Para a Deputación, constitúe
unha prioridade avanzar na economía circular no ámbito provincial,
así como na mellora da xestión actual de residuos e na redución da
pegada ecolóxica, mediante un uso máis eficiente dos recursos do
noso territorio e impulsando e apoiando a posta en marcha de
proxectos e estratexias de economía circular no ámbito local”,
explicou Rosa Ana García, que destacou que “a experiencia de
Viratec neste ámbito é fundamental na busca de solucións
ambientais no ámbito local”.
Cometidos
de Viratec
O
Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular nace
coa misión de incrementar a capacidade tecnolóxica, de innovación
e a competitividade das empresas galegas que achegan solucións
ambientais. Trátase dun “ecosistema de cooperación
pública-privada e entre empresas que xera sinerxías entre distintas
áreas de coñecemento, promove a I+D+i, mellora a formación e crea
oportunidades de internacionalización, para contribuír ao
desenvolvemento sustentable da sociedade galega e a preservación do
seu medio ambiente, baixo os principios da economía circular”.
A
visión do Clúster é a de “ser un referente no desenvolvemento e
implantación de tecnoloxías, procesos e solucións ambientais, a
nivel local, nacional e internacional”.
As
tecnoloxías ambientais son polo tanto unha das grandes prioridades,
claves para “a consecución do desenvolvemento sustentábel”.
Segundo explican fontes de Viratec, a enxeñería ambiental leva anos
axudando a afrontar os problemas ambientais de forma integral, tendo
en conta as variábeis sociais, económicas, ecolóxicas e
tecnolóxicas”.