A Deputación de Lugo asesorou gratis a 1.230 empresas co plan Acelera PEME
venres, 1 de setembro do 2023
A
Deputación de
Lugo xa prestou asesoramento gratuíto a 1.230 empresas da provincia
de Lugo en materia de transformación dixital grazas ao programa
Acelera PEME que ten en marcha dende hai medio ano. Así o
informou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García
Porto, quen lembrou que esta iniciativa impúlsaa o Goberno do Estado
para “fortalecer e para facer máis competitivo o tecido
empresarial do país a través da transformación dixital”.
García
Porto dixo tamén a día de hoxe a Deputación atendeu máis de 1.600
consultas. “É un volume de actividade moi bo en apenas medio ano,
o que evidencia que este programa está sendo de gran interese para
as pequenas e medianas empresas que traballan no noso territorio”,
subliñou García Porto.
A
iniciativa, explicou, “serve para que as pequenas e medianas
empresas da provincia e os autónomos aproveiten os recursos que
ofrece a dixitalización e as novas tecnoloxías para modernizar e
mellorar o seu negocio”. Desta maneira, engadiu, “gañan en
competitividade, en produtividade e en eficiencia, e tamén é moi
útil para que abran novas oportunidades de negocio”.
E
apuntou: “As experiencias que estamos tendo son moi positivas,
sobre todo naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, onde
estamos focalizando máis os esforzos, ao ser onde detectamos que é
máis necesario”. Amais, avanzou que o seguinte paso que dará a
Deputación será, a partir de mediados de setembro, poñer a
funcionar un servizo móbil que percorrerá todos os concellos para
facer presentacións e chegar a máis empresas. “Faremos reunións
para explicar polo miúdo o programa e chegar ao maior número de
persoas posible. Iremos informando puntualmente para que a xente
saiba en que localidade imos estar cada día”, indicou.
Sete
axentes dixitais
A
Deputación conta con 7 axentes dixitais que se moven polas
diferentes comarcas para establecer contacto con empresas,
ofrecerlles axuda de maneira gratuíta e indicarlles como poden
solicitar o Kit Dixital. Ademais, instaláronse oficinas para prestar
asesoramento e acompañamento gratuíto nos concellos de Viveiro,
Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.
Neses
encontros coas empresas estudan a situación da que parte cada unha
delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para
beneficiar o seu volume de negocio. “Por exemplo”, sinalou a
deputada, “axúdanlles a crear redes sociais e impulsalas para que
teñan máis seguidores, tamén á posta en marcha de Whatsapp
Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan
solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles
para os negocios”.
A
maiores de visitalas de xeito presencial, tamén manteñen
comunicación con elas vía telefónica ou por correo electrónico,
coa fin de resolver todas as dúbidas e inquedanzas que haxa.
O
programa Acelera PEMES está dotado con medio millón de euros, dos
cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da
entidade pública empresarial Red.Es, dependente do Ministerio de
Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e o 20% (100.000€)
da propia Deputación de Lugo.