A Deputación de Lugo formará á mocidade no paro en TIC e en emprego de drons
mércores, 5 de abril do 2017
A
Deputación
de Lugo presentou hoxe cinco novos obradoiros ao abeiro do seu
programa
Lugowork, unha iniciativa que, como se indica no seu nome, vai
dirixida a fomentar o emprego xuvenil
dentro do ámbito provincial. Os obradoiros foron dados a coñecer
polo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, quen
sinalou que van dirixidos a lucenses menores de trinta anos, no paro,
co fin de capacitalos en materia dixital, de emprendemento, de novas
tecnoloxías de voo (drons) e primeiros auxilios (dous
cursos).
Lugowork, engadiu Santos, é o primeiro plan de emprego xuvenil e
participativo da provincia. Foi posto en marcha pola entidade
provincial tras captar preto de 2 millóns de euros da UE a través
da Escola de Organización Industrial (EOI).
Santos
Ramos avanzou que “trala
fase de formación, as/os
participantes terán a posibilidade de ser contratadas/os
en empresas da provincia durante 6 meses”. Para isto,
abrirase unha convocatoria pública dirixida ao sector empresarial
lucense, achegándolles axudas de 5.000 euros para impulsar a
contratación.
Segundo
engadiu, o
Goberno da Deputación ofrece a través do Lugowork
un total de 5 novas accións formativas dirixidas a 75 mozas
e mozos
lucenses no paro, que terán un total de 1.330 horas de formación.
Trátase
dos seguintes obradoiros: Auxiliar
de xestión informática e Internet para PEME
(será impartido por
AGESTIC, en Lugo cidade, e
trátase da reedición dun curso que espertou gran interese entre
alumnos e contratados por fornecer formación en TIC para poder
aplicar no tecido de empresas provincial ferramentas informáticas
coas que crear valor engadido), Aplicacións
e manexo de sistemas aéreos non tripulados – Drons
(será impartido en Lugo por profesionais do Aeroclub das Rozas,
buscándose con esta actividade formar aos alumnos “nun dos nichos
de mercado de meirande espallamento da actualidade, e que amosa
ademais unhas amplas posibilidades de medre”), Socorrismo
en espazos acuáticos naturais e en instalacións acuáticas (dúas
accións formativas impartidas pola Cruz Vermella enfocadas a espazos
interiores e tamén a exteriores) e Emprendemento
(obradoiro dirixido a aquelas mozas e mozos
que teñan unha idea de negocio e queiran montar unha empresa,
poñendo
ao seu dispor un titor asignado con experiencia ampla en modelos de
negocio ou estratexias de vendas).
Os
interesados en participar nestas 5 accións formativas para 75 mozas
e
mozos
lucenses no paro deberán ser menores de 30 anos e estar inscritos no
Rexistro de Garantía Xuvenil poden facer a súa solicitude antes
do
30 de abril, incluído. As inscricións poden facerse en
www.deputacionlugo.gal
ou en www.eoi.es.