A Deputación de Lugo ofrece formación tecnolóxica para axudar a fixar poboación
venres, 10 de novembro do 2023
A
voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto,
anunciou este venres 10 de novembro unha nova iniciativa promovida
pola Deputación para dinamizar o tecido social e económico, e fixar
así poboación, consistente nunha acción formativa, gratuíta e
especializada, que
permitirá obter aos participantes o título de Diplomado
Especialista en Territorio Rural Intelixente, “o único curso
desta temática que existe na actualidade na oferta educativa”,
dixo.
Dirixida
polo prestixioso xornalista e doutor en Socioloxía Manuel Campo
Vidal, a formación, que arrancará a finais de mes, conta con 75
prazas, está enfocada aos axentes sociais e económicos que
traballan pegados ao territorio (ben sexa persoal da administración
local; alcaldes, alcaldesas ou concelleiros; emprendedores; ou
calquera persoa ou entidade interesada no impulso do rural), e aborda
materias como a organización de proxectos, sustentabilidade,
dixitalización ou comunicación de iniciativas de desenvolvemento.
O
curso ten unha duración de 20 horas, distribuídas nunha xornada
presencial, que impartirá Manuel Campo Vidal na Deputación, e
clases en liña. Contará con 9 bloques temáticos, entre eles, as
claves da transformación dixital, o equilibrio territorial ou o
turismo rural como factor de desenvolvemento.
As
persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web da
Deputación de Lugo,
dende este venres e durante unha semana, é dicir, ata o vindeiro
venres, 17 de novembro.