A Deputación de Ourense achega a empresarios de Ribadavia o programa AceleraPeme
mércores, 26 de febreiro do 2025
O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou esta mañá na visita do programa AceleraPeme da Deputación de Ourense ao concello de Ribadavia, onde participou en diversas actividades de transformación tecnolóxica con empresarios e comerciantes da capital de O Ribeiro. A cita encadrouse na xira de AceleraPeme pola provincia.
Fernández acompañou aos técnicos do proxecto da Deputación de Ourense AceleraPeme que, a través dunha furgoneta itinerante, facilitan aos autónomos e pemes da provincia a tramitación do Kit Dixital e doutras ferramentas para impulsar a súa transformación dixital.
AcelerOU nace no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, dentro do programa AceleraPyme e que forma parte do Plan de Dixitalización de pemes 2021-2025 financiado pola Unión Europea- Next Generation EU. En palabras da institución provincial ourensá, “esta iniciativa convértese nun paso máis no obxectivo da Deputación de Ourense de apoiar ás pemes e ás persoas autónomas e emprendedoras da provincia na súa transformación dixital e modernización”.