A Deputación de Ourense ofertará formación en novas tecnoloxÃas á veciñanza do rural grazas aos fondos europeos
martes, 18 de marzo do 2025
Formar en novas tecnoloxÃas a 6.000 veciñas e veciños do rural da provincia de Ourense é o obxectivo da Deputación ourensá, que resultou beneficiaria do programa Reto Rural Dixital, para proxectos de capacitación dixital no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Máis polo miúdo, a Deputación recibirá 750.000 euros de financiamento, a través dos fondos europeos Next Generation, para esta iniciativa pioneira.
AsÃ, o programa de capacitación dixital desenvolverase ao longo de todos os concellos da provincia, coa finalidade de facilitar un acceso ao uso das ferramentas dixitais útiles para o dÃa a dÃa aos habitantes do rural ourensá. Esta proposta está encamiñada a colectivos para os que se require unha perspectiva demográfica especÃfica, como as persoas maiores, as mulleres, a infancia, a xuventude e as persoas desempregadas.
Engadir que o programa permitirá adquirir unha plataforma de teleformación para a Deputación de Ourense, o que suporá a formación continua dos colectivos rurais obxecto deste proxecto asà como de todos os empregados públicos da provincia de Ourense, facendo máis doada a súa formación con independencia do seu lugar de residencia. Segundo os requisitos de PRTR, calcúlase que o proxecto estará rematado a finais do mes de marzo do ano 2026.