A Deputación de Ourense redobrou investimentos, formación e iniciativas en materia de ciberseguridade
xoves, 7 de setembro do 2023
A
Deputación de Ourense achegou este xoves 7 de setembro detalles
sobre a súa estratexia para salvagardar as súas información,
infraestruturas e comunicacións de todo tipo de ataques, ameazas,
riscos ou vulnerabilidades. Fíxoo
nunha reunión celebrada con representantes do Concello de Contas de
Galicia, onde a vicepresidenta da entidade provincial, María Nóvoa,
reiterou “a total colaboración da institución ourensá co
Consello para a mellora da ciberseguridade na Deputación”. Na
xuntanza, os membros do Consello deron a coñecer os resultados do
informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade na
Deputación, correspondente ao exercicio 2022.
A
vicepresidenta, que estivo acompañada polo director da área de
Transparencia, Fernando Suárez, e técnicos da institución,
cualificou de “intenso” o traballo que vén de facer a Deputación
na protección dos seus sistemas informáticos, con máis
investimentos, formación e iniciativas de concienciación cara a
loita contra as intrusións na rede corporativa.
Neste
sentido, dixo, a auditoría reflicte unha boa valoración no capítulo
das copias de seguridade, "ferramenta fundamental para crear
barreiras contra os ataques dos piratas informáticos". O mesmo
informe, lembrou, “valora positivamente a fortaleza do centro de
proceso de datos, que acolle toda a infraestrutura que dá soporte
tecnolóxico á institución, así como os sistemas de control de
acceso”.
Os
resultados desta auditoría, engadiu Nóvoa, "non son estáticos,
senón dinámicos no tempo e non dubido que o labor que se realiza
ficará reflectido na valoración que se realice en próximas
análises". Referíase a vicepresidenta á implantación de
novas ferramentas que complementan os antivirus, cunha análise
continua da rede e os equipos informáticos para detectar,
identificar e previr ameazas avanzadas, ademais de novos sistemas en
colaboración co Centro Criptolóxico Nacional.
Marta
Nóvoa salientou tamén a cooperación cos concellos en todos estes
ámbitos, "sendo seleccionado para financiar con fondos Next
Generation un proxecto que permitirá estender aos concellos o
servizo de copias intelixentes de seguridade".
A
auditoría do Consello de Contas de Contas en ciberseguridade forma
parte dun plan desta institución que, antes de que remate o presente
exercicio, tamén se aplicará no resto das deputacións galegas,
sendo Ourense a primeira delas.