A Deputación de Pontevedra achega esta semana catro obradoiros para pemes e autónomos
luns, 12 de xuño do 2023
Ao longo desta semana que comeza hoxe (luns, 12 de xuño) a
Deputación
de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento
tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta catro novas
accións formativas inseridas na súa carteira de
obradoiros que se celebrarán de xeito telemático e presencial. Os
obradoiros centraranse no deseño dun contrasinal seguro, na
fabricación dixital e na promoción do negocio con perfil de empresa
de Google.
A primeira das xornadas daba comezo hoxe, luns 12 de xuño, ás 10h
con Ciberseguridade, como facer un contrasinal seguro, sobre a
importancia de ter un contrasinal axeitado para protexer a
información. Manuel Freire, experto universitario en robótica,
programación e impresión 3D dirixirá este curso.
Mañá, martes 13, segue a formación con Fabricación dixital.
Debuxo con Onshape VI-Assembly II, ás 11h, tamén da man de
Manuel Freire. O obradoiro forma parte das 30 horas da formación
teórica en liña dividida en 4 seccións: debuxo 3D con Onshape
(16h), impresoras 3D de filamento (8 h), impresoras 3D de resina (4h)
e escáner 3D (2h). Asemade, complétase con 20 horas de formación
práctica sobre o uso de impresoras 3D de filamento (8h), impresoras
3D de resina (8h) e escáner 3D (4h) no Fab Lab do Centro Provincial
de EconomÃa Dixital no Viveiro de Empresas de Barro (Pontevedra).
O mércores 14 o obradoiro terá lugar ás 12h e centrarase en
Promociona o teu negocio con perfil de empresa de Google. O
dito encontro está encamiñado a empresas locais que queiran
mellorar a súa visibilidade con Google e será impartido por Adrián
Fernández, licenciado en Comunicación Audiovisual e asesor de
empresas de diversos sectores no eido da comunicación dixital e na
mercadotecnia en liña.
A semana de obradoiros rematará o xoves 15 con Fabricación
dixital. Impresoras de resina. O experto universitario en
robótica, programación e impresión 3D, Manuel Freire, será o
encargado de impartir esta formación.
