A Deputación de Pontevedra achega formación tecnolóxica a comerciantes e cidadáns de 18 concellos
venres, 23 de xuño do 2023
A
Deputación de Pontevedra dá continuidade este mes de xuño ás
actuacións dos programas Da
túa man (destinado a dar apoio a mercados, zonas urbanas
comerciais, comercio non sedentario e canles curtas de
comercialización) e Commerce
Inside (dirixido ao fortalecemento da actividade comercial en
zonas turÃsticas). Os
vindeiros dÃas impartiranse cursos de formación para comerciantes e
para a cidadanÃa en xeral, moitos deles centrados na transformación
tecnolóxica. Amais farase entrega aos concellos das bolsas
sustentábeis e reutilizábeis fabricadas con materiais de compost
ou reciclados.
Nos
nove concellos que forman parte do programa provincial Da túa man
impartiranse dúas formacións ao longo das vindeiras semanas. Por
unha banda, celebrarase o curso Habilidades Dixitais para
Consumidores Vulnerábeis, que ten como obxectivo dotar de
competencias TIC á poboación que máis dificultades ten para a súa
adopción, como as persoas maiores, para que poidan utilizar con
facilidade as ferramentas que se están a implantar no proxecto; e
Deseño de Packaging Sustentábel, unha acción
formativa dirixida tanto a comerciantes como á clientela, que busca
ensinar a crear unha embalaxe atractiva, innovadora e responsábel.
Os cursos comezarán o vindeiro luns en Silleda co do deseño de
embalaxe e o mércores 28 de xuño o de habilidades dixitais, ambos
na Casa da Xuventude. Tamén en xuño, pero en Salceda de Caselas,
terá lugar a formación de deseño de embalaxes, o 29 de xuño no
Concello.
Xa
no mes de xullo, Poio acollerá a formación de habilidades dixitais
o dÃa 3 e a de packaging o 7, no Centro de Formación da
Reiboa; no Rosal serán o 4 e o 5 de xullo no Obradoiro-Escola taller
Juan Manuel Castro MartÃnez; en Ponte Caldelas o 4 de xullo a de
embalaxe e o 6 a de habilidades dixitais, no Centro Cultural Público
Municipal; en Ribadumia comezarán o dÃa 10 co curso de habilidades
dixitais e o 11 será o de deseño de embalaxes, na Biblioteca
Municipal; en Tomiño impartiranse na Escola Obradoiro do Regatiño
os dÃas 12 e 13 de xullo; en Gondomar, o primeiro será o 17 no
Centro de Desenvolvemento Local e o segundo o 21 no Centro Neural.
Por último, en Moaña serán no Patronato Municipal de Beiramar os
dÃas 18 e 19 de xullo.
Por
outra banda, os comerciantes destes nove concellos teñen tamén a
posibilidade de participar no curso en liña Dixitaliza o teu
negocio, que busca darlles capacidades para a transformación do
seu negocio e ensinarlles a empregar ferramentas dixitais para
traballar mellor. A formación levarase a cabo entre o 26 de xuño e
o 26 de xullo e ten unha duración de 25 horas. A participación en
todos os cursos é gratuÃta e as inscricións poden realizarse en
liña a través da web do programa Da
túa man ou en persoa dirixÃndose aos concellos
participantes.
No
caso do programa Commerce Inside os cursos de formación están
dirixidos a comerciantes e desenvolveranse de maneira online
ao longo de setembro, xa que, ao tratarse de concellos turÃsticos,
evÃtase, desta maneira, interferir coa actividade da temporada alta.
AsÃ, estes e estas profesionais dos concellos de Baiona, Bueu, Tui,
Soutomaior, Caldas de Reis, Nigrán, Sanxenxo, Cambados e O Grove
poderán participar en cursos de capacitación en inglés, francés e
portugués.