A Deputación de Pontevedra acolle un obradoiro para impulsar o talento dixital da nenez
luns, 26 de agosto do 2024
A Deputación de Pontevedra dará acollida este xoves 29 de agosto a unha acción formativa no marco do proxecto Tech Kids. Argallando entre xeracións e co obxectivo de que nenas e nenos de entre os 12 e os 18 anos poidan poñer en práctica o seu talento dixital e a súa capacidade de resolución de problemas, á vez que desenvolven competencias persoais nunha contorna colaborativa.
As temáticas que se abordarán na formación comprenderán o deseño guiado de modelado en 3D orientado á fabricación FDM (modelado por deposición fundida), unha práctica guiada de construción e programación dun robot que habilite unha placa controladora para xestionar os compoñentes e comunicarse con outros robots na aula, prácticas supervisadas de pilotaxe de drons en interior, experiencias inmersivas en Realidade Virtual, unha introdución guiada á ensamblaxe e á configuración de deseños de sistemas electrónicos con microcontroladores ou unha introdución guiada á Raspberry Pi.
A acción terá lugar en horario de 9:30 a 13:30 horas na Aula CeMIT de Pontevedra, situada no Edificio Administrativo da Deputación na cidade de Pontevedra, e forma parte do proxecto impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración co Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG). As inscricións a esta actividade, que conta cun total de 27 prazas, poden facerse a través do sitio web da rede CeMIT.