A Deputación de Pontevedra afonda nas madriñas de Redondela o seu novo podcast
mércores, 31 de xullo do 2024
As madriñas de Redondela, que foron a esperanza dos presos da illa de San Simón durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista, serán as protagonistas este xoves 1 de agosto na propia illa redondelá dunha nova entrega do programa de podcasts da Deputación de Pontevedra Aquà faltan páxinas, para o que xa están todas as prazas esgotadas.
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro ás 17:00 horas e José Antonio MartÃnez Fernández, presidente do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, e familiares das madriñas serán os encargados de recuperar a memoria destas mulleres.
O faladoiro, que se poderá seguir a través da web da Deputación de Pontevedra e do YouTube, irá acompañado dun podcast que estará dispoñÃbel nos vindeiros dÃas tanto na web institucional como en Ivoox e Spotify, e que incluirá testemuños recollidos durante o encontro deste xoves na illa de San Simón. Nel recordarase a estas mulleres que, entre os anos 1936 e 1943 crearon unha rede de cooperación para axudar aos preto de seis mil homes que estiveron presos en San Simón e dos que se estima morreron uns 700 de enfermidade e de malnutrición a causa das condicións de vida e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. Estas madriñas, ou lavandeiras, como eran tamén coñecidas, mesmo sen ter vinculación ningunha cos presos, ofrecéronse a lavarlles a roupa e levarlles comida, mantas, menciñas e, moitas veces, cartas de familiares agochadas entre a roupa. Moitas delas foron castigadas, multadas e represaliadas, mais continuaron loitando desde o cotián contra a barbarie e a inxustiza.
A segunda colección do programa Aquà faltan páxinas, que busca enxalzar a figura de grandes mulleres vinculadas á provincia e relevantes na historia, comezou o pasado mes de febreiro coa figura da pintora Carmen Babiano e, amais das madriñas da illa de Ons, tamén inclúe a historia de mulleres como a as leiteiras de Pontevedra, a investigadora Inmaculada Paz Andrade, a escritora Avelina Valladares, a guerrilleira Placeres Castellanos, a fotógrafa Mary Quintero, a raÃña Urraca I de León, A temeraria, a artista Mercedes Ruibal, a soprano MarÃa Pardo, a polÃtica e activista Urania Mella e a combatente MarÃa Araujo.