A Deputación de Pontevedra aproba os convenios para a transformación dixital dunha vintena de concellos

venres, 29 de setembro do 2023 S. P.

JPEG - 66.3 KB
O presidente da Deputación, Luis López

A Deputación de Pontevedra aprobou os convenios de colaboración con 19 concellos da provincia para avanzar na transformación dixital e modernización dos mesmos grazas a unha achega de 2,52 millóns de euros dos fondos Next Generation.
En concreto, os primeiros concellos en adherirse son As Neves, Ponte Caldelas, Crecente, A Lama, Campo Lameiro, Nigrán, Mondariz-Balneario, Caldas de Reis, Moraña, Meaño, Cerdedo-Cotobade, Pazos de Borbén, Salvaterra de Miño, Cambados, Fornelos de Montes, Mondariz, Covelo, Barro e Tui. Na súa carta de adhesión tiñan que especificar que liñas quería desenvolver, das cinco que se van poñer en marcha ao abeiro deste proxecto.
Así, 10 concellos solicitaron a plataforma de comunicación e xestión de incidencias e 8 o portal de transparencia, 14 o sistema automático de xestión de órganos colexiados, 9 o cadro de mandos de indicadores de Axenda Urbana e ODS, e 18 a integración coa Carpeta Cidadá do Estado. Ademais, a máis demandada, solicitada polos 19 concellos, foi a provisión de equipamentos informáticos intelixentes. En total, instalaranse 195 de tipo estándar, dotados con capacidades para o desenvolvemento das tarefas ofimáticas máis habituais, e 31 avanzados, con maiores capacidades para o desenvolvemento de tarefas técnicas que requiran prestacións superiores.

PUBLICIDADE