A Deputación de Pontevedra destina 730.000 euros a avanzar en proxectos de transformación dixital
venres, 17 de novembro do 2023
A xunta de Goberno da Deputación
de Pontevedra acaba de dar luz verde á contratación de dous novos
proxectos de transformación dixital dos concellos de menos de 20.000
habitantes da provincia, aos que destinará un total de 730.000
euros. En concreto, 530.000 euros permitirán contratar a integración
dos sistemas de Administración Electrónica dos 45 concellos que o
solicitaron coa Carpeta Cidadá da Administración do Estado, a
plataforma tecnolóxica que permite á cidadanÃa un acceso sinxelo e
rápido a diferentes tipos de información relacionada cos seus
trámites.
Por
outra banda, destinaranse 200.000 euros para incorporar aos equipos
de almacenamento xa existentes nos Centros de Procesado de Datos
(CPD) dunha nova infraestrutura de alta capacidade e rendemento para
acoller as novas ferramentas que se porán en marcha ao abeiro deste
programa, como a plataforma de vÃdeo-actas e retransmisión de
plenos. Cabe lembrar que este proxecto, ao que se adheriron 50
concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, está
financiado con 2,5 millóns de euros dos fondos europeos Next
Generation, e está formado por cinco liñas diferentes.