A Deputación de Pontevedra e ASIME loitarán contra a fenda de xénero STEM co proxecto Tecnolóxicas
martes, 26 de xullo do 2022
A
semana pasada deu
comezo o proxecto Tecnolóxicas, unha iniciativa da Deputación de
Pontevedra e a a organización de empresas do metal ASIME para
loitar contra a fenda de xénero no sector tecnolóxico e industrial
e “xerar unha cultura de talento feminino para enriquecer este
eido”. O proxecto arrincou coa xornada As mulleres en Enxeñaría,
a través da cal visualizáronse e reivindicáronse as importantes
contribucións femininas ao ámbito STEM, pasadas, presentes e
futuras. Precisamente un dos obxectivos de Tecnolóxicas é conseguir
que as mozas que están pensando neste intre en cara a onde dirixir o
seu futuro teñan en conta como unha opción viábel e enriquecedora
as carreiras STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática).
Á
xornada asistiron a presidenta provincial, Carmela Silva, e o
secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, e contou coa
participación de catro mulleres directivas: Lorena Rosende,
directora de Itera Técnica; Antía Fernández López, directora de
Innovación para Mercados Estratéxicos do Centro Tecnolóxico
Gradiant; Marta Fernández Docampo, responsábel sénior de Gestamp e
Chelo Domínguez, directora de GKN Vigo. Como destacou Carmela Silva,
son “mulleres de absoluto éxito que xogan un papel fundamental nas
súas empresas e cuxo testemuño puxo de relevo a necesidade dun
proxecto como Tecnolóxicas".
A
presidenta da Deputación incidiu en que se trata dunha iniciativa
piloto que vai comezar de xeito inminente xa con 10 mulleres e 10
empresas, "un proxecto potente e ben pensado que nos vai
permitir avaliar, documentar e ir cos datos debaixo do brazo"
para solicitar o apoio doutras administracións a fin de abordar o
reto de reducir a fenda de xénero neste sector. Carmela Silva volveu
destacar que os alarmantes datos de matriculación de mulleres nas
titulacións STEAM, que supoñen o 20% do total, están a amosar "que
estamos a perder a metade do talento". Abundou tamén en que nas
mulleres que finalmente optan por estes estudos, "as directivas
son rara avis, pero se a sociedade quere avanzar temos que
actuar para transformar esta situación" e neste camiño se
atopa o proxecto. Nese senso, agradeceu tamén a implicación do
sector empresarial que representa ASIME eA Deputación de Pontevedra
e ASIME loitarán contra a fenda de xénero STEM co proxecto
Tecnolóxicas
A
semana, especialmente dos seus directivos Enrique Mallón e Lorena
Rosende, por idear Tecnolóxicas, que permitirá que mulleres
tituladas poidan ter contratos en empresas seleccionadas para tal fin
e co obxectivo de especializar os seus coñecementos e convertelas en
"líderes en dirección e tecnoloxía, en referentes nesta
contorna onde viven".
O
secretario xeral de ASIME, Enrique Mallón, agradeceu o apoio da
Deputación e especialmente "o bastión da igualdade" que
defende Carmela Silva e subliñou que no reto proposto é tamén
fundamental "a implicación dos homes, de toda a sociedade",
poñendo como exemplo tamén a paridade dentro de ASIME. "Hai
que elevar o número de rapazas nestas titulacións e nos postos de
responsabilidade. Emociónanos este proxecto e ten que saír ben. Hai
que levalo e multiplicalo. Tecnolóxicas debe ser algo continuo
durante moito tempo para cambiar a situación actual que é
preocupante. Por parte de ASIME imos continuar isto ata que se
supere. E ogallá que sexa pronto".