A Deputación de Pontevedra e a UVigo revalidan a súa alianza na Cátedra de Feminismos 4.0

xoves, 29 de xuño do 2023 S. P.

A Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo veñen de revalidar a súa alianza na Cátedra de Feminismos 4.0, que celebra o seu primeiro lustro de actividade facendo visíbeis as mulleres STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), loitando contra a desigualdade dixital e poñendo o foco no machismo e nas agresións nas redes. A institución provincial achega 65.000 euros a esta iniciatsiva. Entre as actuacións previstas figura como novidade o I Maratón de Creacións Dixitais Feministas, que prevé facilitar un espazo para elaborar produtos artísticos feministas dixitais con licenza Creative Commons.
Trátase dun novo recurso para dar resposta ás agresións contra as mulleres e aos machismos no espazo dixital mediante linguaxes artísticas.
Amais, o acordo supón a convocatoria da quinta edición das axudas para o financiamento de iniciativas de investigación e innovación con perspectiva de xénero, así como a cuarta edición dos Premios GirlGeekPower, que estimulan, apoian e promoven os estudos STEM entre as alumnas da Universidade de Vigo de titulacións impartidas nos campus situados na provincia de Pontevedra.
Tamén está prevista a realización do V Seminario Sociedade Dixital e Xénero: Hackeando o Patriarcado, no que participan investigadoras expertas, nacionais e internacionais, no ámbito das STEM e do feminismo. Neste eido enmárcase tamén a IV Reunión do Comité de Sabias, que actuará como o comité científico da quinta edición do seminario e da nova revista científica e tamén desenvolverá propostas con perspectiva de xénero e outras actividades para promover espazos de reflexión que converxan nun produto científico que se difundirá posteriormente.
Outra das iniciativas é o Observatorio virtual de machismo dixital StopA Deputación de Pontevedra e a UVigo revalidan a súa alianza na Cátedra de Feminismos 4.0

Outra das iniciativas é o Observatorio virtual de machismo dixital Stop Machitroles, onde as persoas poderán denunciar agresións, acosos, vexacións e calquera outro comportamento de carácter misóxino, machista ou sexista.
Ao finalizar o ano, realizarase o terceiro informe, no que se dará conta das incidencias recollidas neste observatorio. A maiores, contémplase a reestruturación e mantemento da web da Cátedra de Feminismos 4.0, aloxada nos dominios da Uvigo e da Deputación, con contidos sobre actividades da cátedra, publicacións de interese ou información relacionada, e xestión das redes sociais e comunicación, así como outras actividades fundamentalmente divulgativas da produción científica.
Machitroles, onde as persoas poderán denunciar agresións, acosos, vexacións e calquera outro comportamento de carácter misóxino, machista ou sexista.