A Deputación de Pontevedra inicia tres obradoiros de capacitación tecnolóxica no Rosal
martes, 11 de novembro do 2025
A Deputación de Pontevedra comeza este martes 11 de novembro no Rosal as accións formativas do programa +Reto Dixital nas que participarán un total de 25 veciños e veciñas da localidade. Esta iniciativa da institución provincial, que ten previsto organizar este ano 70 obradoiros de capacitación tecnolóxica na provincia, ten o obxecto de formar as persoas maiores de 50 anos para facilitarlles o acceso aos servizos da Administración pública, dotalas de maior autonomÃa para xestionar os seus trámites cotiáns, e mellorar a súa calidade de vida grazas á adquisición de competencias dixitais.
No Rosal organizaranse un total de tres obradoiros que terán lugar no Centro Social Polivalente da rúa Cabaquiros, en horario de 17:00 a 19:30 horas, coa participación de 8 alumnos en dúas das actividades e 9 noutra. A primeira en ter lugar será o curso SERGAS, a súa aplicación electrónica e TELEA, con dúas sesións este martes e este xoves, 11 e 13 de novembro. A seguinte semana, os dÃas 18 e 20 de novembro, celebrarase o curso Uso da banca móbil e as compras electrónicas; e por último, o 25 e 27 de outubro desenvolveranse as dúas sesións das que constará o curso As Redes Sociais.
Están a participar en +Reto Dixital, dotado cun orzamento de 30.000 euros, un total de 23 concellos da provincia de reto demográfico. Os obradoiros xa comezaron no concello de Mondariz, A Lama, Meis, Vilanova de Arousa, Cerdedo-Cotobade, Portas, Rodeiro, Meaño, Sanxenxo, Bueu e agora O Rosal, e seguiranlle Pontecesures, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Caldas de Reis, Silleda, Fornelos de Montes, Vila de Cruces, Arbo, Barro, Dozón, Catoira e Ribadumia.
