A Deputación de Pontevedra organiza o +Reto Dixital para a alfabetización dixital dos maiores de 50 anos
luns, 24 de febreiro do 2025
Dende a Deputación de Pontevedra veñen de publicar as bases do novo programa +Reto Dixital, encamiñado aos concellos de reto demográfico da provincia co obxectivo de formar e capacitar ás persoas maiores de 50 anos en competencias dixitais. Cun orzamento de arredor de 30.000 euros, o que se busca con estas accións é facilitarlles a súa relación coas administracións públicas (especialmente para garantir unha cobertura axeitada e acceso a servizos públicos como a sanidade, servizos asistenciais e atención á dependencia), asà como a súa alfabetización dixital en calquera eido da súa vida cotiá.
Asemade, organizaranse un total de 68 obradoiros divididos en cinco temáticas: administración electrónica, a sede electrónica da Deputación e do concello, Sergas, a súa aplicación electrónica e TELEA, uso da banda móbil, compras electrónicas e redes sociais.
Esta programa está pensado para 34 concellos da provincia, todos os recoñecidos como concellos de reto demográfico agás Forcarei, A Illa de Arousa, Moraña e As Neves, xa que nestes catro concellos foi onde se realizou o proxecto piloto Hub para a loita contra a fenda dixital e a soidade non desexada no medio rural entre os anos 2022 e 2024.
Subliñar que o prazo de adhesión dos concellos abrirá o 3 de marzo e pechará o 31 dese mesmo mes. As actividades deberanse realizar ao longo do ano 2025 (entre os meses de xuño e decembro), e o alumnado por cada acción deberá ser dun mÃnimo de oito persoas e un máximo de 15. Os cursos, de cinco horas de duración, terán un custo de cinco euros por persoa.
O programa +Reto Dixital obedece a unha realidade na que a dixitalización de numerosos servizos e
xestións da vida cotiá provoca unha fenda dixital entre xeracións e colectivos sociais que non deixa de medrar. Isto afecta de xeito especial ao medio rural por mor da súa menor densidade de poboación, cada vez máis envellecida e á que a prestación de servizos presenciais tende a desaparecer.