A Deputación de Pontevedra programa un obradoiro de capacitación tecnolóxica en Salceda de Caselas
mércores, 10 de decembro do 2025
A Deputación de Pontevedra continúa a partir deste venres 12 de decembro en Salceda de Caselas a programación dos preto de 70 obradoiros de capacitación tecnolóxica do programa +Reto Dixital. Esta iniciativa da institución provincial ten o obxecto de formar as persoas maiores de 50 anos da provincia para facilitarlles o seu acceso aos servizos da Administración pública, dotalas de maior autonomÃa para xestionar os seus trámites cotiáns, e mellorar a súa calidade de vida grazas á adquisición de competencias dixitais.
Unha ducia de alumnos participarán a partir do venres no curso Uso da banca móbil e as compras electrónicas no Centro social A Devesa. O curso constará de dúas sesións, os dÃas 12 e 13 de decembro, e súmase ao xa celebrado no marco de +Reto Dixital na vila sobre a aplicación do SERGAS e ao que se celebrará os dÃas 19 e 20 de decembro sobre redes sociais.
Están a participar en +Reto Dixital, cun orzamento de 30.000 euros, un total de 23 concellos da provincia de reto demográfico entre os que se sitúan, ademais de Salceda de Caselas, Mondariz, A Lama, Meis, Vilanova de Arousa, Cerdedo-Cotobade, Portas, Rodeiro, Meaño, Sanxenxo, Bueu, O Rosal,Pontecesures, Salvaterra de Miño, Caldas de Reis, Silleda, Fornelos de Montes, Vila de Cruces, Arbo, Barro, Dozón, Catoira e Ribadumia.
Con esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra reafirma o seu compromiso coa inclusión dixital e coa mellora da calidade de vida das persoas maiores de 50 anos nos concellos de reto demográfico. A Deputación ofertou cinco cursos (A Administración Electrónica, A sede electrónica da Deputación e do meu Concello, SERGAS, a súa aplicación electrónica e TELEA, Uso da banca móbil e as compras electrónicas e As redes sociais) e cada un incluirá un módulo inicial sobre seguridade no uso de medios electrónicos e da Internet.
