A Deputación de Pontevedra recoñece novos talentos innovadores nos IX Premios Provinciais da Xuventude

venres, 5 de decembro do 2025 S. P.

A Deputación de Pontevedra entregou este xoves 4 de decembro os galardóns que recoñecen o talento da mocidade da provincia nunha ducia de disciplinas dos ámbitos das artes, a investigación e a sociedade na celebración da novena gala dos Premios Provinciais á Xuventude que tivo lugar no Salón de Plenos do Pazo Provincial.
Na cita, o presidente provincial, Luis López, presentou á provincia como a mellor plataforma posible para impulsar o talento da mocidade: “Nesta era na que aparecen plataformas tan diversas con contido de todo tipo, eu quero poñer en valor a mellor posible: a plataforma Rías Baixas. Nin Tiktok, nin Twitch, nin Spotify nin nada que se asemelle: plataforma provincia de Pontevedra”, afirmou o dirixente para felicitar aos 39 premiados dunha gala que volveu superar todos os seus rexistros ao contar con 111 candidaturas en 12 categorías que repartiron preto de 31.000€ entre os todos os galardoados.
A gala, na que tamén participou o deputado de Xuventude, Jorge Cubela, estivo conducida pola xornalista Bibiana Villaverde e contou coa actuación musical de André Touza, gañador o ano pasado do premio a mellor traballo musical co seu grupo Barallocas.
A novena edición dos Premios Provinciais á Xuventude marcan un novo récord de concorrencia ao recibir un total de 111 candidaturas (once máis que no 2024), das que foron premiadas un total de 39 en 12 categorías, unha delas de nova creación: a iniciativa xuvenil dos concellos, pola que foron recoñecidos os de Gondomar e Ponteareas.
Os gañadores do primeiro premio en cada unha das categorías foron: os integrantes da Agrupación Musical do Rosal na categoría de iniciativa de interese xuvenil, o IES de Chapela na categoría de Educación en Valores; FOCO, a Asociación para a Formación e Cooperación en Europa da Guarda, en iniciativa empresarial; o vigués Denis Carballas na categoría de Banda Deseñada, as guardesas Rosalía Quiroga e Eire García, en Contido Audiovisual; a pontevedresa Luiselena Tilve, en Deseño e Moda; Laura Paz, da Illa de Arousa, en fotografía orixinal; Xoán Moreiras, de Mondariz, en Serie Fotográfica; a pontevedresa Andrea Dávila, en Investigación en Artes; o vigués Salvador Román, en Investigación en Ciencias; o pontevedrés Fabio Rivas en Narrativa e tamén Poesía; e en Traballo Musical, Sara Mínguez. Uns recoñecementos que dan boa mostra de que o talento e compromiso da mocidade está repartido por toda a provincia, pois os premiados proceden de 17 concellos de distintas comarcas da provincia.
Listado de premiados
Iniciativa Xuvenil
1º premio: Asociación Agrupación Musical do Rosal, por “AMDOR Fest”
2º premio ex aequo: Asociación Estudantil Uvigo SpaceLab, por “Misión Cortis”
Banda Deseñada
3º premio: Lucía Rodríguez Diz (O Grove), por “O que quero ser”
2º premio: Manuel Alejandro Vázquez Búa (Vilagarcía de Arousa), por “Non me esquezas”
2º premio: Andrés Chinchilla Argibay (Vigo), por El Viaje de Séneca”
1º premio: Denis Carballas Riveiro (Vigo), por “Secundario”
Contido Audiovisual
3º premio: Elena Figueiro Días e Vanessa Parente González (Catoira), por “Fóra de Campo”
2º premio: Elena Talegón Rodríguez (Vigo), por “Morriña”
1º premio: Rosalía Quiroga Trasorras e Eire García Cid (A Guarda), por “@amqaeoc”
Deseño e Moda
2º premio: Miguel González Flores (A Guarda), por “Expositor de gafas para Pementa Eyewear”
1º premio: Luiselena Tilve hernández (Pontevedra) por “Map of Me. Persona”
Educación en valores
1º premio: IES de Chapela (Redondela) por Obradoiro de teatro inclusivo “Xanela”
Iniciativa empresarial
3º premio: Alberto Lázara Vieitez (Silleda), por “Saúde Rural en Movemento”
2º premio: Miguel Aitor Jamardo Chenlo (Caldas de Reis), por “Cultivo galego”
1º premio: FOCO (A Guarda), por ” Asociación para a formación e cooperación en Europa”
Educación xuvenil en concellos
1º premio: Gondomar
1º premio: Ponteareas
Investigación
Ciencias
3º premio: Eva Diz Ferreira (Vigo), por “ERAS”
2º premio: Juan josé López Escobar (Vigo), por “Design of a new distributed mist, edge and fog architecture in beyond 5G environments for the Internet of things”
1º premio: Salvador Román del Valle (Vigo), por “Dinámica de poboacións e interaccións entre Zostera Noitei e as ameixas de maior importancia comercial que habitan os bancos de Galicia afectados polo estrés climático”
Artes
3º premio: Rodrigo Cumbraos López (Pontevedra). “Cuánto estás dispuesto a arriesgar”.
2º premio: Carlos Fernández López (Pontevedra), por “Pregar a pintura”
1º premio: Andrea Dávila Rubio (Pontevedra), por “Evolución da escultura contemporánea en España: corpo, afecto e materialidade”
Traballo musical
Música clásica
3º premio: Guillermo Otero Costas (Marín), por “O trazo invisible”
Outros xéneros
3º premio: Jorge Pérez González (Pontevedra), por “Chaos in the order”
2º premio: Javier lago López (Pontevedra), por “Dame un descanso”
1º premio: Sara Mínguez López (Vigo), por “Non crecín con medo”
Traballo literario breve
Narrativa
3º premio: Tensi Gesteira Estévez (Bueu), por “Vou cociñar vieiras para min”
2º premio: Miguel González Flores (A Guarda), por “Un sismógrafo”
1º premio: Fabio Rivas Pardo (Pontevedra), por Instrución para a paternidade”
Poesía
3º premio: Susana Villaverde García (Redondela), por “httpenelope”
2º premio: Alexandra Fernández Peón (Pontevedra), por “Ciclo da vila mariñeira”
1º premio: Fabio Rivas Pardo (Pontevedra), por “Para as medras”
Fotografía orixinal
Serie fotográfica
3º premio: Ana Gómez Ferreira (Poio), por “Non hai planeta de recambio”
2º premio: Claudio Gómez López (Pontevedra), por “De barrio”
1º premio: Xoán moreira Maceira (Mondariz), por “Un mundo a 35 centímetros”
Fotografía
3º premio: Nerea Fariña Sánchez (Marín), por “Otrazo invisible”
2º premio: Marcos Pazos Pazo (Tui), por “Outra mascarada”
1º premio: Laura Paz Iglesias (A Illa de Arousa), por “A alma de Gaia”