A Deputación de Pontevedra estrea canle institucional en TikTok

xoves, 13 de novembro do 2025 S. P.

A Deputación de Pontevedra aumentou a súa presenza en redes sociais co obxectivo de achegar a “actividade institucional aos diferentes públicos”. Esta ampliación da súa actividade dixital levouse a cabo estes días coa incorporación da institución provincial á rede TikTok.
Neste caso, o organismo provincial deu o paso de abrir canle nesta rede social para “espallar os diferentes programas e iniciativas que desenvolve entre a mocidade”.
Sinalar que a Deputación de Pontevedra xa mantiña unha intensa actividade comunicativa nas redes sociais Facebook, Instagram e X, e tamén en Youtube, onde publica charlas, congresos, conferencias de prensa, pílulas informativas, a actividade divulgativa e expositiva do Museo de Pontevedra, contidos turísticos, o podcast Aquí faltan páxinas e, tamén, as sesións dos plenos da Deputación (en directo).